Rajoy: "Non se deben tomar decisións en quente"

Tras os atentados, o presidente rexeita entrar na polémica da coordinación policial e abre a porta a endurecer o Código penal.


|

RajoycminRajoy, tras a reunión do Goberno.

O presidente do Goberno afirmou que a proposta de crear un rexistro de imáns, tras os atentados en Cataluña, é unha decisión que "non se debe tomar en quente" e insistiu en que "o importante", agora, é atender os feridos e as súas familias e apoiar ao xuíz que leva a cabo a investigación na Audiencia Nacional.


Na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros, Rajoy aplaudiu o traballo dos Mossos d'Esquadra e na desarticulación en 100 horas, precisou, do núcleo central da célula terrorista, un recoñecemento que fixo extensivo á Garda Civil e a Policía Nacional, sen querer entrar a reproches pola coordinación.


O xefe do Executivo expuxo, ademais, unha terceira reforma do Código penal porque ante o terrorismo "non pode haber descanso" e tamén os xihadistas "modifican os seus comportamentos".


Le todo o que dixo Rajoy en Pressdigital.

relacionada ISIS xura "vinganza" contra España no seu primeiro vídeo despois dos atentados
relacionada A investigación dos atentados céntrase nos lazos co estranxeiro
relacionada Os terroristas detidos revelan que o imán de Ripoll quería inmolarse

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE