ISIS xura "vinganza" contra España no seu primeiro vídeo despois dos atentados
Apelan á Inquisición para ameazar con que "Al Ándalus volverá ser o que foi, terra de califato".
Fotograma do vídeo difundido.
O Estado Islámico ameaza a España nun novo vídeo que difundiu polas redes, advertindo nel de que recuperará Al Ándalus e devolverá aos cristiáns o sangue derramado pola Inquisición española.
A gravación está centrada nos atentados de Barcelona e nela aparecen dous presuntos terroristas do Estado Islámico. Un deles, identificado na imágen como "Al Qurtubí" --en español, o cordobés--, lanza unha clara ameaza os "cristiáns españois" aos que pide que non esquezan o "sangue derramado dos musulmáns da Inquisición española".
"Vingaremos a vosa matanza, a que estades a facer agora co Estado Islámico", advirte nunha intervención balizada de imaxes dos atentados de Barcelona, nas que aparece o percorrido que fixo a furgoneta que atropelou masivamente na Rambla aos peóns, as forzas de seguridade tras o atentado ou a retirada do vehículo por parte da Policía despois do atropelo.
O citado terrorista ameaza tamén con recuperar Al Ándalus: "Co permiso de Alá, Al Ándalus volverá ser o que foi, terra de califato".
Escribe o teu comentario