ISIS reivindica a autoría do atentado das Ramblas

O grupo terrorista xustificou o atentado como unha resposta aos chamamentos previos para atacar "países da coalición".


|

IsisbanderaISIS di que os autores son "soldados do califato".


O grupo terrorista Estado Islámico reivindicou a autoría do atentado perpetrado este xoves en Barcelona, a través dunha nota difundida pola súa axencia de noticias, Amaq, e na que asume como propio o atropelo no que morreron polo menos 13 persoas.


Na nota, recollida polo portal de seguimento de información terrorista SITE, ISIS identifica os autores do ataque como "soldados do califato", un termo co que se refire aos membros da organización.


O grupo xustificou o atentado como unha resposta aos chamamentos previos para atacar "países da coalición", un argumento similar ao que esgrimiu noutros atentados recentes en chan europeo. A reivindicación estivo precedida pola celebración dos seus seguidores na internet, segundo SITE.

relacionada Os Mossos sinalan a un menor como autor do atropelo na Rambla
relacionada Autoridades e políticos galegos trasladan a súa solidariedade polo atentado
relacionada Un atropelo masivo en Barcelona deixa polo menos 13 mortos e decenas de feridos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE