España inviste en saúde un 14% menos que o resto da Unión Europea

Os socios comunitarios que máis parte da súa riqueza destinan á saúde son os máis prósperos.


|

Fonendomedicosanitario 1 1


España destinou un 6,2 por cento do Produto Interior Bruto (PIB) de 2015 á saúde, o que supón un punto porcentual menos que a media da Unión Europea, que foi do 7,2 por cento, segundo os datos publicados este venres pola oficina europea de estatística Eurostat. A diferenza, por tanto, coa media dos socios europeos é dun 14% menos de riqueza destinada á saúde pública.


Hai dous anos, o conxunto de países do bloque comunitario gastou 1,058 billóns do gasto público en saúde. Este montante, que representou o 7,2% do PIB da UE, foi a segunda maior partida de gasto do club europeo, só superada pola protección social, que aglutinou un 19,2 por cento.


A cifra do Ministerio de Sanidade é unha décima menor, do 6,1%, pero os seus datos serven para ver a tendencia do gasto.


Gastosanidadpibespanagal


RESTO DE EUROPA


Os Estados membros que máis parte do seu PIB dedicaron á saúde foron Dinamarca (8,6%), Francia (8,2%) e Austria e Países Baixos (8%), seguidos de Bélxica (7,7%) e República Checa e Reino Unido (7,6%).


Pola súa banda, Alemaña, Finlandia e Eslovaquia rexistraron unha porcentaxe idéntica á da media europea, mentres que Italia (7,1%), Suecia (6,9%), Eslovenia (6,7%) e Croacia (6,6%) se situaron levemente por baixo da media da UE e por encima de España.


Pola contra, os países do bloque comunitario con menor parte do seu PIB dedicado á saúde en 2015 foron Chipre (2,6%), Letonia (3,8%), Romanía (4,2%), Grecia (4,5%), Luxemburgo (4,6%) e Polonia (4,7%).


Con todo, aqueles cun maior gasto en saúde por habitante foron Luxemburgo (4.112 euros), Dinamarca (4.094 euros) Países Baixos (3.194 euros), Suecia (3.170 euros) e Austria (3.149 euros). No polo oposto situáronse Romanía (340 euros), Bulgaria (343 euros), Letonia (468 euros), Polonia (520 euros) e Chipre (532 euros).

relacionada O gasto sanitario por habitante en Galicia era un 7% maior antes da crise
relacionada Bruxelas recomenda a España mellorar a eficiencia do gasto público

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE