As avespas velutinas "xa comezan a colonizar as cidades" galegas

A Asociación Galega de Apicultura estima que hai "máis de 100.000 niños" desta especie invasora na nosa comunidade.


|

AvispaasiaticaNiño de avespa velutina.


O portavoz da Asociación Galega de Apicultura, Xesús Asorey, calcula que en Galicia hai "máis de 100.000 niños" de avespas velutinas, que "xa comezan a colonizar as cidades".


Segundo sostén Asorey, esta cifra pode ser maior debido a que "unha gran cantidade destes niños non se sabe nin onde están porque a cantidade que se pode avistar é dun 20 ou un 30 por cento dos que hai".


É en outono, explica, "cando se ven moi ben, unha vez que caen as follas das árbores". "Pasa coma cos niños dos paxaros, ata ese momento están moi ben camuflados e poden estar a 20 ou 30 metros de altura, nos eucaliptos e nos espazos urbanos nos teitos das casa e son moi malos de atopar", puntualizou.


Asorey cre que se está "ante unha praga, e desde que comezou en 2012 a detectarse por toda a costa galega nas ribeiras dos ríos, estendeuse tamén aos espazos urbanos".


E é que as cidades galegas non son alleas a este problema e, así, ilustrou que "nos xardíns, no canto de ver abellas nas flores, o que vemos son velutinas". "Si que podemos considerar que estamos ante unha praga", sentenza.


Finalmente Asorey recoñece que A Mariña luguesa é tamén das zonas máis afectadas. Respecto diso, afirmou que é "onde primeiro apareceu e aí seguen". "É un clima que lles presta", conclúe.

relacionada Máis de 4.800 niños de avespa velutina retirados no que vai de ano
relacionada Os apicultores estiman en máis de 15.000 os niños de avespa velutina en Galicia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE