Juana Rivas queda en liberdade provisional e defende que seguirá "pelexando"

|

JuanarivasjuzgadoJuana Rivas, á súa saída do xulgado.

O titular do Xulgado de Instrución número 9 de Granada, en funcións de garda este martes, decretou liberdade provisional comunicada e sen fianza para Juana Rivas, a nai de Maracena que estivo ilocalizable tras non entregar os seus fillos ao pai, mentres que segue vixente a orde xudicial pola que ha de devolver os menores, de once e tres anos, ao proxenitor, residente en Italia e condenado en 2009 por un delito de lesións no ámbito doméstico.


"Non vou ao cárcere. Vou á miña casa cos meus nenos e a seguir pelexando", congratulouse, en calquera caso, este martes a granadina, quen seguirá sendo investigada na vía penal polos presuntos delitos de subtracción ilegal de menores e desobediencia á autoridade xudicial.


Ás portas da sede xudicial, a propia Juana Rivas explicou que se vai a casa cos seus fillos, cos que pasou estes días nun enclave da contorna rural da provincia granadina.


Amplía esta información en Pressdigital.

relacionada "Juana, moi valente, protexe os seus fillos, ponos a salvo"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress