Tratan de reconstruír os últimos pasos de Diana Quer nas festas da Pobra

A investigación segue encallada un ano despois, a pesar do achado e o desbloqueo do móbil, que se consideraba fundamental para avanzar.


|

Dianaquer3

Diana Quer desapareceu hai un ano.


Hai un ano, Diana Quer desapareceu tras asistir ás festas da localidade onde veraneaba, A Pobra do Caramiñal. Tras practicamente 365 días, son moitas as incógnitas aínda abertas mentres a Garda Civil quedou sen pistas nas que indagar.


Esta mesma noite, a Garda Civil puxo en marcha un dispositivo para tratar de reconstruír os últimos pasos de Diana. "Movéronse pola feira, por onde están todas as atraccións e por onde está o poboado móbil da xente da feira, ademais de pola zona por onde se cre que marchou Diana", contou á Televisión de Galicia o responsable de Protección Civil da Pobra.


A primeira e única pertenza da moza que se achou neste tempo é o seu móbil, aínda que este achado non foi suficiente como para avanzar na investigación.


Continúa lendo en Pressdigital.

relacionada O móbil de Diana Quer non conserva nada relevante para avanzar no caso
relacionada A Garda Civil logra desbloquear o móbil de Diana Quer
relacionada Villanueva non "escatimará recursos" no caso Diana Quer malia o arquivo da causa

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE