A procura de Younes Abouyaaqoub amplíase a "todos os países europeos"
A investigación, con todo, non ten indicios de que o condutor da furgoneta de Barcelona saíse de Cataluña.
O conselleiro de Interior, Joaquim Forn, confirmou este luns que o condutor da furgoneta e autor material do atentado de Barcelona é Younes Abouyaaqoub.
Díxoo nunha entrevista de Catalunya Ràdio, onde tamén apuntou que sobre o sospeitoso pesa unha orde de procura e que traballan coa hipótese de que só habería un condutor.
Sobre o paradoiro de Abouyaaqoub, Forn recoñeceu que non teñen indicios de que este se poida atopar fóra de Catalunya, pero que se coordinarán coas policías europeas porque está "en procura en todos os países europeos".
O IMÁN, FALECIDO EN ALCANAR
O maior dos Mossos d'Esquadra, Josep Lluís Trapero, explicou este luns que a policía dispón de indicios "sólidos" de que o imán de Ripoll morreu na primeira explosión de Alcanar a noite anterior aos atentados.
Escribe o teu comentario