O Celta alixeira peso ás portas do inicio da liga
En 24 horas, Marcelo Díaz e Álex López desvinculáronse do club. O ferrolán pon rumbo ao Sporting de Xixón.
Álex López vaise ao Sporting.
Tras a saída de Marcelo Díaz o xoves, este venres é Álex López o que se desvincula do Celta, onde coma o chileno non entraba nos plans de Unzué.
Ano e medio despois da súa chegada a Vigo, Marcelo Díaz rescindiu o seu contrato co club e continuará a súa carreira en México, baixo a disciplina do Pumas.
Pola súa banda, o ferrolán volverá estar ás ordes de Paco Herrera, ex técnico celeste, no Sporting de Xixón. Álex López recala en Asturias por unha tempada, ampliable a dúas, segundo informa o seu novo club.
E antes da estrea ligueira, Unzué compareceu ante os medios de comunicación, satisfeito no aspecto psicolóxico dos seus xogadores. "No aspecto anímico é difícil chegar mellor", manifestou.
O técnico navarro non adiantou a lista de convocados, que dará o mesmo día do partido, pero avanzou que espera que o equipo "se pareza máis ao da Roma que ao do resto de partidos de pretemporada".
Espera ante a Real Sociedade un partido con "desgaste" e manifestou que "quedan moitas cousas por facer pero teño a sensación de que os xogadores chegan nun bo momento".
Escribe o teu comentario