60 quilos de heroína incautados en Caldas de Reis

Hai 11 detidos nunha operación que continúa aberta. As autoridades cren que non aumentou o tráfico de heroína.


|

Drogaheroina


O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, destacou este venres o "duro golpe" ao narcotráfico tras a operación antidroga en Caldas de Reis (Pontevedra), onde foron detidas 11 persoas e se incautaron 60 quilos de heroína.


A preguntas dos xornalistas, tras manter ante a Delegación do Goberno un minuto de silencio polo atentado de Barcelona, Villanueva quixo felicitar o labor da Policía Nacional nesta operación antidroga, que se atopa baixo segredo de sumario.


"Supón un duro golpe ao narcotráfico que entra en Galicia, pero que tamén se distribúe noutros puntos da localidade", dixo o delegado do Goberno sobre a operación antidroga, que "continúa aberta".


Pola súa banda, a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Ana María Ortiz, tamén cualificou de "moi importante" a operación "conxunta" desenvolvida pola Udyco de Pontevedra e da Coruña en colaboración con Vixilancia Aduaneira.


Aínda que non cuantificou o valor desta sustancia no mercado, para Ana Ortiz trátase dun "golpe moi importante" o feito de "retirar" esta sustancia da circulación.


Aínda que á Subdelegación do Goberno en Pontevedra non lle consta que exista un repunte no tráfico de heroína, Ana María Ortiz precisou que "nesta última etapa" veñen realizando actuacións policiais vinculadas á incautación tanto deste estupefaciente como tamén de cocaína.

relacionada 880 quilos de coca incautados nun operativo antidroga no sur de Galicia
relacionada Desmantelan unha rede de tráfico de heroína que operaba desde Galicia e Madrid
relacionada Os narcos de Arousa tiñan un laboratorio e vendían a cocaína tamén en Madrid

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE