880 quilos de coca incautados nun operativo antidroga no sur de Galicia
A UCO detivo tres persoas nas provincias de Ourense e Pontevedra, pero a súa rede chegaba ata Valencia.
A operación antidroga segue aberta.
A Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil incautouse de 880 quilos de cocaína nun operativo antidroga no sur de Galicia que continúa aberto e no que se detivo a catro persoas, tres nesta comunidade autónoma e unha máis en Valencia, informaron a Europa Press fontes da investigación.
Trátase dunha operación de ámbito nacional desenvolvida polo Equipo contra o Crime Organizado da Garda Civil, a unidade territorial da UCO. En Galicia céntrase en dúas provincias principalmente, Pontevedra e Ourense.
A Garda Civil tamén están a levar a cabo rexistros desde a tarde-noite do pasado mércores, cando entraron nunha vivenda de Toedo, unha parroquia pertencente ao municipio de A Estrada.
Escribe o teu comentario