Os narcos de Arousa tiñan un laboratorio e vendían a cocaína tamén en Madrid

A investigación revela a organización movía "importantes cantidades" de droga, que adulteraban eles mesmos.


|

CocainaarousaEntre as incautacións hai unha pistola e un machete.


A organización de narcotraficantes desarticulada na comarca de Arousa a semana pasada distribuía cocaína en toda Galicia e noutras provincias, especialmente en Madrid, segundo sinalaron a Policía Nacional e a Garda Civil, que consideran así desarticulada esta "importante organización criminal", que movía "unhas importantes cantidades" de droga.


A operación bautizada como Trote-Cartafol supuxo a detención o mércores pasado de cinco persoas mediante a entrada simultánea nos domicilios dos investigados, pero previamente, foran arrestadas outras tres persoas na provincia de Pontevedra.


Os tres primeiros detidos atópanse en liberdade provisional con cargos, mentres que o responsable do Xulgado de Instrución número 1 de Vilagarcía de Arousa ordenou o ingreso preventivo en prisión de dous dos detidos a semana pasada.


levaron a cabo un total de sete dilixencias de entrada e rexistro en diversos domicilios, en Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa e Marín. Nun dos rexistros en Vilanova de Arousa os axentes desmantelaraon un laboratorio no que se procedía á adulteración de grandes cantidades de cocaína, como paso previo á súa posterior distribución.


No mesmo domicilio incautáronse preto de tres quilogramos de cocaína, ademais de gran cantidade de sustancia de corte e diverso material que compoñería o laboratorio, como unha prensa, útiles para a manipulación da sustancia, dúas máquinas de envasado ao baleiro, dúas básculas de precisión e restos de envoltorios de cocaína.


PERIGO


Os axentes destacan "o perigo" dos integrantes da organización, dado que se lles interveu nos rexistros unha arma curta e un machete de grandes dimensións.


A operación concluíu co balance de cinco persoas detidas por un delito contra a saúde pública e a aprehensión de case catro quilogramos de cocaína, un quilogramo de corte, 10.000 euros en efectivo, un gran número de teléfonos móbiles, dous vehículos de alta gama e dúas motocicletas.


A operación conxunta foi levada a cabo polo Equipo de Delincuencia organizada e Antidroga (EDOA) da Garda Civil de Pontevedra e a Unidade de Droga e Crime Organizado (UDYCO) da Policía Nacional de Pontevedra.

relacionada En marcha unha operación contra o tráfico de drogas na comarca de Arousa

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE