A ausencia de pragas e enfermidades permite aumentar a produción de uva nas Rías Baixas

A Denominación de Orixe prevé vendimar un 12% máis que o ano pasado. O resultado roldará os 24 millóns de litros de viño.


|

VendimaEspérase unha boa vendima nas Rías Baixas.

A Denominación de Orixe (DO) Rías Baixas prevé unha colleita para este 2017 de 37,6 millóns de uvas, o que supón un incremento do 12% respecto das cifras de 2016 (33,4 millóns de uvas).


O Servizo Técnico presentou no pleno do Consello Regulador da Denominación Rías Baixas o informe de 'Estimación de colleita 2017' no que se cualifica o ciclo vitícola deste ano como "excelente, con ausencia de pragas e enfermidades".


Neste documento recóllese que as boas condicións climáticas de xuño provocaron un "alto ritmo de crecemento vexetativo", o que sumado á "excelente" saúde dos viñedos fai prever un incremento da colleita, que producirá ao redor de 24 millóns de litros de viño. Isto tras unha primavera "moi seca e cálida, cunha anomalía positiva na temperatura media de 1,8 graos".


E é que a DO de Rías Baixas non se viu afectada polas xeadas que esnaquizaron a finais de abril viñedos noutras denominacións, fóra das subzonas de Ribeira do Ulla e Condado do Tea.


Ademais, o consello regulador informa de que en función da meteoroloxía deste mes de agosto, e como consecuencia do adianto do ciclo vexetativo da vide, ultímanse os preparativos "ante a posibilidade de que a vendima se teña que iniciar antes".

relacionada As xeadas danaron o 90% dos viñedos da denominación de orixe de Monterrei
relacionada Cepas selecciondas desde 1990 e clonadas para asegurar a maior calidade do albariño

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE