Un estudo relaciona a inflamación do cerebro co desenvolvemento de Alzheimer

Un grupo de investigación cántabro sinala que este fenómeno xogaría un papel central na enfermidade e pode ser clave para novos fármacos.


|

CerebroO estudo pode dar lugar a novos fármacos.


Un grupo de investigación de enfermidades neurodexenerativas de cantabria participou nun estudo internacional que suxire que a inflamación do cerebro xogaría un papel central na enfermidade de Alzheimer.


O principal achado deste estudo, publicado na revista 'Nature Genetics' consistiu no descubrimento de dous novos xenes (PLCG2 e ABI3) e unha nova variante dun xene xa coñecido (TREM2), asociados á enfermidade de Alzheimer.


O interese dos resultados vén determinado polo feito de que estes tres xenes forman parte do sistema de inmunidade innata e exprésanse de forma predominante nas células do sistema inmune que se atopan no sistema nervioso central coñecidas como microglia.


Estas células son as principais protagonistas na regulación dos fenómenos inflamatorios que teñen lugar no cerebro, centrando a atención neste proceso como un dos factores causais da enfermidade de Alzheimer e susceptible de ser diana para o desenvolvemento de novos fármacos.

relacionada Investigan como unha vida saudable pode "frear" o Alzheimer

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE