Adrián López pasa recoñecemento médico para quedar unha tempada

O dianteiro chega cedido do Porto e revela que "custou un pouco que se arranxase pero finalmente fíxose".


|

AdrianportodeporAdrián regresa ao Dépor seis anos despois.


"Sempre é complicado pelexar co Porto para arranxar as cousas, pero o importante é que xa estou aquí, con moitas ganas de emepezar". Foron unhas das primeiras palabras de Adrián López no seu regreso ao Dépor, ao que chega cedido por unha tempada.


O dianteiro asturiano pasou esta mañá recoñecemento médico co club herculino. Adrián non viaxa a Tenerife para o amigable que esta noite xoga o equipo, pero o seu desexo é "adestrar xa, se podo hoxe, adestrarei hoxe".


A pesar de contar con ofertas económicas mellores que a do club coruñés, o xogador valorou a chamada de Pepe Mel. "Díxome que lle gustaría moito que viñese e sempre é importante que o adestrador che transmita iso", declarou.


No medio, as dificultades para negociar a cesión. "Fixen todo o posible para estar aquí, que se arranxase custou un pouco pero finalmente fíxose", explicou.


Agora as súas expectativas pasan por "facer goles e dar goles", aínda que considera que o máis importante é a entrega: "un equipo traballador sempre consegue os seus puntos".

relacionada Un vello coñecido para reforzar a dianteira branquiazul este verán

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE