A xeolocalización, unha ferramenta en auxe para coidar a persoas con demencia

Case un cento de persoas con dificultades cognitivas conviven cun dispositivo localizador na provincia da Coruña.


|

Dependenciaancianos


Un total de 98 persoas con algún tipo de dificultade cognitiva conviven día a día cun dispositivo de xeolocalización na provincia da Coruña como parte do programa de Localización de Persoas que financia o Goberno galego.


Nun comunicado remitido aos medios de comunicación, a Xunta explicou que este servizo outorga "unha importante resposta de seguridade e tranquilidade para os familiares e coidadores de persoas con deterioración cognitiva", xa que permite "coñecer a situación en todo momento e detectar riscos de forma automática".


Estes dispositivos, que son moi similares a un teléfono móbil que os usuarios colgan á cintura, están orientados a persoas con demencias, Alzheimer nas súas primeiras fases e enfermos crónicos; e é de "gran axuda" para coidadores, familiares e profesionais próximos.


Segundo explicou o Goberno autonómico, mediante este servizo ofrécese a localización e os movementos da persoa en todo momento, facendo posible que os usuarios "poidan moverse libremente", coa garantía de que os seus coidadores ou familiares "poidan coñecer a súa situación e recibir avisos ante comportamentos imprevistos".


CASE 2.000 PERSOAS CON TELEASISTENCIA


No dito comunicado, a Xunta incidiu en que, na provincia da Coruña, son case dúas mil persoas as que están atendidas por algún dos servizos de teleasistencia. En concreto, son 1.954, das cales, 377 residen na cidade herculina.


Así mesmo, "nos últimos anos", o servizo de xeolocalización experimentou un crecemento en 2017: producíronse un total de 30 novas altas.


"CRECEMENTO IMPORTANTE"


Así pois, o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, lembrou, no marco dunha visita este mércores a un dos usuarios de xeolocalización, que este servizo, "implantado en Galicia desde o ano 2007", contemplou un "importante crecemento a partir do ano 2012".


"Este servizo está orientado tanto a coidadores como ás propias persoas dependentes, pois nestes casos é tan importante a tranquilidade dos coidadores e familiares como a integridade física do usuario", concluíu.

relacionada O Goberno defende que os mapas de xeolocalización usen topónimos "en castelán"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE