Premio para os funcionarios que menos falten ao traballo en Ponteareas
Un pleno municpal extraordinario aprobou un complemento de produtividade impulsado para frear o "absentismo".
Terán que cumprir o 90% da súa xornada.
O pleno do Concello de Ponteareas aprobou un plus de produtividade para os funcionarios que menos falten ao seu posto de traballo.
A contía aínda está por determinar, pero este complemento será concedido a aqueles traballadores que cumpran polo menos o 90% da súa xornada laboral ao cabo do ano.
O alcalde, Xosé Represas, do BNG, xustificou a proposta pola necesidade de "evitar o absentismo". Ademais, defendeu que está "pactado con todos os sindicatos".
Este plus de produtividade saíu adiante co apoio do PSOE e a abstención de Esquerda Unida. Nunha sesión que o grupo de Alternativa Ciudadana de Ponteareas abandonou reprochando a convocatoria deste pleno extraordinario en agosto con sete puntos na orde do día.
Pola súa banda, o PP criticou que a compensación se dea simplemente por acudir ao traballo.
Escribe o teu comentario