CCOO cuestiona a metodoloxía da Xunta para ponderar a carga de traballo dos funcionarios
"Chama a atención" que a análise de cargas de traballo "non afecte os entes públicos nin aos postos de libre designación".
O sindicato CCOO cuestionou este luns a metodoloxía que empregará a Xunta para analizar a carga de traballo do persoal da Administración galega.
A través dun comunicado, o sindicato indicou que "calquera iniciativa" que "supoña mellorar os servizos públicos é benvida", aínda que, tras a reunión informativa mantida coa Xunta, CCOO di ter "moitas dúbidas" sobre este proceso que, ademais, "debe ser negociado coa representación legal do persoal", apunta.
Así, e dada a "importancia" desta cuestión, CCOO "non aceptará que a Xunta se escude en que se trata dun documento interno" para "negar a participación e intervención sindical".
Ademais, a CCOO chámalle " a atención" que a análise de cargas de traballo "non afecte os entes públicos nin aos postos de libre designación" e ve "inxustificado" que "non se teña en conta que unha parte da deterioración dos servizos públicos débese ás altas taxas de temporalidade e aos recortes económicos e laborais".
Por iso, para o sindicato, unha "boa forma de comezar" a mellorar os procedementos e a súa axilización sería "repoñer todo o emprego destruído no últimos nove anos".
Escribe o teu comentario