Os prezos dos hoteis galegos baixan un 23% en setembro

A caída é maior que a media española, pero máis suave que a do resto de comunidades do norte peninsular.


|

Habitacionhotel


Setembro é o mes de verán no que os hoteis galegos contan con habitacións máis alcanzables, con baixadas de prezos de ata o 23%, segundo unha análise realizada por TripAdvisor. No conxunto estatal, os prezos caen ata un 43%.


O portal 'online' sinala que as tarifas dos hoteis sufrirán unha diminución significativa en setembro fronte a agosto. De media, os hoteis españois son un 19% máis baratos en setembro que en agosto, chegando a baixar ata un 43% en Cantabria. Durante o mes de agosto, a tarifa media por noite en España é de 191 euros, mentres que en setembro a tarifa media por noite será de 154 euros.


Aínda que se observa unha caída xeral dos prezos hostaleiros españois en setembro, a zona norte do país é a que rexistra a maior caída de prezos, cun 43% en Cantabria, un 38% en Asturias e un 23% en Galicia.


Pola súa banda, Baleares e Canarias mostran unha baixada nos prezos dos hoteis en setembro, de ata un 30% en Baleares e dun 19% nas Illas Canarias. Noutras rexións con turismo de praia como Murcia, Comunidade Valenciana e Andalucía, os prezos baixarán un 30%, 25% e un 13%, respectivamente.


"No pasado, pensabamos en setembro como o mes da 'volta ao traballo', pero agora podemos ver que tamén é un mes no que aforrar significativamente no noso orzamento de viaxes", comenta a responsable de comunicación de TripAdvisor, Branca Zayas.

relacionada As cifras dos hoteis galegos despuntan neste inicio do verán
relacionada Os cámpings gañan popularidade fronte o turismo rural, que descende

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE