Os cámpings gañan popularidade fronte o turismo rural, que descende

Os establecementos galegos de turismo rural experimentaron en maio un descenso no número de viaxeiros, que baixaron un 3,5%, ata as 18.192 persoas.


|

Campingcampervan


Os cámpings e apartamentos turísticos galegos rexistraron durante o mes de maio un importante incremento na cifra de viaxeiros aloxados, algo que contrasta coa situación do turismo rural, que experimentou un descenso.


Segundo os datos que publica este venres o Instituto Nacional de Estatística (INE), as mellores cifras porcentuais foron para os cámpings, polos que pasaron no quinto mes do ano un 33,9% máis de viaxeiros que un ano antes, ata os 6.141. Deles, a maior parte eran estranxeiros --3.486--, por 2.655 nacionais.


As pernoitas neste tipo de establecementos extrahoteleiros creceron, pola súa banda, un 11,5%, ata as 13.775. A estancia media, con todo, diminuíu lixeiramente, desde os 2,69 aos 2,24 días.


Por outra banda, 10.920 viaxeiros aloxáronse durante o quinto mes do ano en apartamentos turísticos galegos, o que supón un 19,4% máis que hai un ano.


Así mesmo, as pernoitas en apartamentos creceron con respecto a maio de 2016 un 11,4%, ata as 25.616. A estancia media caeu lixeiramente, desde os 2,51 días de hai un ano ata os 2,35 días.


Os apartamentos galegos rexistraron en maio unha ocupación media do 19,9% das súas prazas --25,5% en fin de semana-- e do 36,58% dos seus apartamentos.


TURISMO RURAL


Pola contra, os establecementos galegos de turismo rural experimentaron en maio un descenso no número de viaxeiros, que baixaron un 3,5%, ata as 18.192 persoas. Deles, 10.122 eran residentes en España e 8.070 estranxeiros.


Con todo, a cifra de pernoitas creceu un 2,5%, ata as 28.261, no mesmo período grazas á estancia media, que pasou de 1,46 a 1,55 días.


A ocupación media durante o quinto mes do ano neste sector foi do 14,06% das súas prazas --do 24,68% en fin de semana-- e do 16,34% das súas habitacións.

relacionada A Xunta quere que Galicia sexa "un destino tranquilo" e non un lugar onde "tostarse ao sol"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE