Toca un millón de euros do Euromillones en Betanzos
A encargada do establecemento de lotería que selou o boleto cre que pode ser un veciño, pero non o sabe.
Puido tocarlle a un veciño de Betanzos ou a un peregrino.
Un boleto selado no municipio coruñés de Betanzos foi agraciado cun millón de euros no sorteo do Euromillones celebrado na noite do venres 4 de agosto.
En concreto, o gañador selou a súa aposta na administración número dous desta localidade, Loterías Chirri, situada no número 5 da rúa Rolo.
Precisamente, en declaracións a Europa Press e tras mostrar a súa alegría por vender o boleto agraciado, a encargada deste establecemento, Yolanda Villar, explicou que o gañador "pode tratarse dun cliente habitual" da administración, aínda que se descoñece a súa identidade.
"É imposible saber quen é porque por aquí pasa o Camiño de Santiago pero como foi selado entre o luns e martes, que é cando veñen os clientes habituais, creo que pode ser un destes", manifestou.
Así, aínda que se mostrou "encantada" de darlle o premio "a calquera cliente", recoñeceu a súa preferencia por que o agraciado sexa algún veciño e cliente habitual.
Escribe o teu comentario