A Constituínte de Maduro instálase a pesar do rexeitamento internacional
A cámara nada das eleccións do domingo pasado ocupa o mesmo edificio que a Asemblea Nacional, de maioría opositora.
A Asemblea Constituínte, impulsada polo Goberno de Nicolás Maduro e integrada só por chavistas, quedou instalada finalmente no Palacio Lexislativo, que aloxa tamén a Asemblea Nacional, de maioría opositora.
A pesar do rexeitamento internacional, os membros da Asemblea Constituínte irromperon na sede parlamentaria enarborando os cadros do presidente falecido Hugo Chávez e do liberador latinoamericano Simón Bolívar, que foron retirados cando a Asemblea Nacional cambiou de cor política, en 2016.
Os constituíntes instaláronse no Salón Elíptico do Palacio Lexislativo, que depende do Goberno venezolano. Ambas as cámaras deberán convivir no mesmo edificio, o que podería desencadear novos disturbios no lugar, que xa viviu enfrontamentos físicos entre chavistas e opositores.
Escribe o teu comentario