A ONCE convoca os XX Premios Tiflos de Xornalismo

Os galardóns concederanse aos traballos que "mellor exalten os valores relacionados coa integración das persoas con discapacidade e a supresión de barreiras"


|

Tiflosonce


A ONCE convocou a XX Edición dos seus Premios Tiflos de Xornalismo nas súas distintas categorías de Prensa Escrita, Radio, Televisión e Xornalismo Dixital, cunha dotación económica de 9.000 euros para cada un dos gañadores.


Así o deu a coñecer este venres 4 de agosto a organización, que precisou que os galardóns se concederán a traballos publicados en medios de comunicación de España que "mellor exalten os valores relacionados coa integración das persoas con discapacidade e a supresión de barreiras físicas e mentais que, en determinadas ocasións impón a sociedade".


Deste xeito, os traballos poderán presentarse en calquera lingua oficial do Estado, tendo en conta que os que se presenten nunha lingua distinta ao castelán deben achegar a correspondente tradución, para facilitar o labor do xurado. O Premio Tiflos de Xornalismo terá catro apartados: Prensa Escrita, Radio, Televisión e Xornalismo Dixital. O mesmo traballo non poderá optar a dúas categorías.


A ONCE indicou ademais que os traballos, sen extensión nin formato predeterminados, deben ser publicados ou emitidos entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2017, e a data de recepción dos mesmos conclúe o venres 26 de xaneiro de 2018.


Finalmente, a organización indicou que o xurado dos premios estará integrado por personalidades do mundo do xornalismo e un representante da ONCE, dando a coñecer o seu fallo inapelable non máis tarde do último día hábil do mes de maio de 2018. A entrega dos premios terá lugar antes do 31 de xullo de 2018, en Madrid.

relacionada A ONCE e a Xunta renovan o convenio para atender os alumnos con discapacidade visual
relacionada A Fundación ONCE e as Universidades ofrecen 300 bolsas prácticas a estudantes

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE