Gas Natural Fenosa vende o 20% de rede de distribución de gas en España
A operación péchase por 1.500 millóns, que a enerxética presidida por Isidro Fainé recibe en efectivo.
A operación péchase por 1.500 millóns en efectivo.
Gas Natural Fenosa alcanzou un acordo para vender unha participación minoritaria do 20% na sociedade titular dos activos de distribución de gas natural en España (GNDB) a un consorcio de investidores en infraestruturas a longo prazo formado por Allianz Capital Partners (ACP) e Canada Pension Plan Investment Board (CPPIB) por un importe de 1.500 millóns de euros en efectivo, informou a compañía.
Tras esta operación, a enerxética presidida por Isidro Fainé manterá o control da sociedade, cunha participación accionarial do 80%, e continuará consolidando GNDB polo método de integración global.
O grupo sinalou que os recursos procedentes da operación utilizaranse para apoiar futuras necesidades de investimento en proxectos existentes, mentres que calquera excedente será destinado a futuros investimentos, optimización da débeda ou remuneración ao accionista, segundo determine o consello de administración da compañía.
Escribe o teu comentario