Prisión sen fianza para a parella da muller que se precipitou desde un cuarto piso no Barco de Valdeorras

A vítima, que segue ingresada grave, presentaba feridas compatibles co uso dunha arma branca, ademais das lesións sufridas pola caída.


|

GrkHEBbXIAAYcfK
Foto: @g24noticias

 

O Xulgado de Instrución número 2 do Barco de Valdeorras decretou este xoves o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza, para o home detido tras a caída da súa parella desde un cuarto piso na Praza de Andrés de Prada, na localidade ourensá.

Segundo detallaron fontes xudiciais, o sospeitoso está a ser investigado por un delito de homicidio ou asasinato en grao de tentativa. Unha cualificación que deberá concretar ao longo da instrución xudicial.

A titular do xulgado adoptou esta medida ante o elevado risco de fuga, debido á gravidade do delito e á posible pena á que se enfronta o investigado. Ademais, a xuíza tivo en conta a falta de arraigamento como argumento adicional para ordenar o seu ingreso en prisión.

 

FERIDAS DE ARMA BRANCA

Así mesmo, estas mesmas fontes confirmaron que a muller, de 35 anos, presentaba feridas compatibles co uso dunha arma branca, ademais das lesións sufridas pola caída. Esta circunstancia reforza a hipótese dunha agresión previa ao momento en que se precipitou desde o cuarto piso do inmoble.

A vítima continúa ingresada en estado grave no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, onde foi trasladada en helicóptero medicalizado pouco despois dos feitos. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE