Carmela Silva alerta contra a masificación dos destinos turísticos

A presidenta da Deputación de Pontevedra aposta por "un turismo sustentable que permita manter este paraíso a medio e longo prazo".


|


Carmelasilvadepo

Carmela Silva fixo balance das cifras turísticas.


A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, trasladou este xoves a súa preocupación coa masificación turística e apostou por un turismo sustentable para evitar os problemas deste tipo de situacións.


A mandataria socialista fixoo esta reflexión ante as situacións conflitivas vividas en Barcelona ou Palma, con accións vandálicas protagonizadas por organizacións de esquerda independentista.


Tras mostrar a súa "satisfacción" polos resultados turísticos conseguidos en xullo, nos que a provincia obtivo unha ocupación media do 84%, fixo unha "reflexión" sobre o sector turístico, "para seguir potenciándoo desde un punto de vista sustentable" para evitar a masificación e a resposta negativa que esta ten por parte dos veciños.


"Todos, o sector público e o privado, temos que estar alerta e apostar por un turismo sustentable que permita manter este paraíso", dixo a presidenta pontevedresa. "Temos que ser un destino apetecible de alta calidade", engadiu.


Na provincia de Pontevedra "non hai absolutamente ningún problema, todo o contrario", dixo Carmela Silva, que apostou, con todo, por "estar alerta, atentos", xa que "cada ano aumenta o numero de visitantes e é necesario marcar un obxectivo a medio e longo prazo".


DATOS DE OCUPACIÓN EN XULLO


A presidenta da Deputación de Pontevedra informou de que os resultados deste xullo foron "os mellores do últimos dez anos", superando en máis de dous puntos a ocupación obtida no 2016, cando xa se incrementaron ata en dez puntos os resultados con respecto a 2015.


Por comarcas, a ocupación hostaleira no Salnés en xullo foi do 87,35%, colgando o cartel de completo nos hoteis de catro estrelas. Na comarca de Pontevedra conseguiuse o 90,25% de ocupación en xullo, no Morrazo foi do 87%, en Vigo obtívose o 90,6%, no Baixo Miño rexistrouse o 80,% de ocupación, O Condado e Paradanta o 82,6%, Deza e Tabeirós-Terra de Montes conseguiuse o 71,5% e en Caldas a porcentaxe definitiva foi do 83%, cunha alta incidencia para o sector durante os festivais Cultura Quente e PortAmérica.


A presidenta da Deputación tamén destacou os "excelentes resultados do turismo rural" cunha porcentaxe do 67% nos establecementos rurais da provincia, sete puntos máis que en xullo do 2016.


PERFIL DO VISITANTE


O 85,25% dos turistas que visitan as Rías Baixas proceden de España, principalmente de Madrid, Barcelona, Biscaia, Asturias e Valladolid, con idades comprendidas entre os 35 e 60 anos que se aloxan entre 7 e 15 días en hoteis.


O turismo estranxeiro provén maioritariamente de Francia, Portugal, Italia, Reino Unido e Alemaña. Ao respecto, a presidenta da Deputación subliñou que se trata de países con conexións aéreas desde o aeroporto de Peinador, "o que manifesta a importancia que ten sumar novas rutas que enlacen co resto do mundo".


Tamén destacou Silva que cada vez se detectan máis casos de persoas procedentes de Estados Unidos e Canadá con interese na cultura vitivinícola e enolóxica da provincia de Pontevedra. Das persoas que responden á enquisa, o 68% non coñecía o destino Rías Baixas polo que "a calidade ten que ser fundamental, para conseguir que repitan a súa visita".

relacionada A Deputación de Pontevedra loita contra a "saturación" dos destinos turísticos
relacionada Santiago terá no outono unha foto fixa dos apartamentos turísticos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE