Educación asigna a profesores materias que pouco teñen que ver coa súa especialidade

A CIG alerta que "máis do 28%" do profesorado provisional de secundaria terá que impartir materias "afíns".


|

AulaclaseprofesorA CIG critica "a precarización do traballo".


A CIG denunciou que "máis do 28%" do profesorado provisional de secundaria impartirá o próximo curso materias "das que non é especialista", polo que, segundo o sindicato, a Consellería de Educación continúa "dando mostras da precarización do traballo" dos docentes no ensino público.


Así, como recolle a central nun comunicado emitido este xoves, existen nestes momentos "4.250 docentes" con destino provisional dos que un total de "1.195" impartirán "unha ou dúas materias afíns".


Ademais, alerta de que esta cifra "será superior" no mes de setembro cando se publique a "adxudicación definitiva" de destinos, xa que nas cifras actuais "non se incluíron os docentes suprimidos polo peche de centros e hai tamén docentes interinos que foron excluídos por erro de adxudicación".


Todo iso, segundo a CIG, fai que "se dispare o empeoramento das condicións de traballo" dos docentes do ensino público que, sumado a "a ampliación de 18 a 20 horas lectivas desde o curso 2010", provoca que exista profesorado itinerante "compartindo dous centros ou compatibilizando esas itinerancias coa impartición de afíns".


Así as cousas, a central acusou á Consellería de Educación de querer "enmascarar" a aparición "de perfís con tres, catro ou ata cinco afíns", o que consideran ou ben un "abuso" ou, mesmo, un "disparate" no caso dalgúns mestres.


Deste xeito, sinala que os perfís dalgúns profesores "non teñen ningunha afinidade" coas materias adxudicadas, unha realidade que fai que "determinadas prazas con perfís estraños recaian ano tras ano nas mesmas persoas".

relacionada Os profesores afectados polo peche de centros, pendentes do seu futuro
relacionada Un profesor galego, primeiro interino que cobrará a indemnización por fin de contrato
relacionada A Xunta consuma o peche anunciado dos colexios de Outes e As Pontes

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE