O xuíz négalle a Ignacio González a petición de liberdade á espera de xuízo

O xuíz observa un "evidente" risco de fuga e de destrución de probas. A defensa do político alerta da súa "grave deterioración física e psíquica".


|

IgnaciogonzalezgclezoExiste un "evidente" risco de fuga e de destrución de probas.

O xuíz da Audiencia Nacional Manuel García-Castelló decidiu manter en prisión incondicional, comunicada e sen fianza o ex presidente da Comunidad de Madrid Ignacio González ante o "evidente" risco de fuga e a necesidade de seguir mantendo o segredo das actuacións e evitar, por tanto, calquera acción de ocultación, alteración ou destrución de probas.


Nun auto notificado este luns, o titular do Xulgado Central de Instrución número 6 rexeita, por tanto, a petición da defensa de González, no cárcere desde o pasado 21 de abril, que solicitara a súa posta en liberdade alegando que sofre unha grave deterioración física e psíquica desde que está en prisión preventiva.


O maxistrado explica que, conforme avanza a investigación, despréndese que o ex presidente madrileño puido ter "un papel decisivo e necesario" nos delitos de corrupción que se investigan no 'caso Lezo', que son malversación de caudais públicos, fraude, organización criminal, prevaricación, falsificación de documentos, fraudes nas transaccións internacionais, subornos e branqueos de capitais.


Amplía esta información en Pressdigital.

relacionada O número dous de Interior defende que non mediou en favor do irmán de Ignacio González
relacionada Ignacio González e a súa muller blanquearon o seu "dinerillo B" en garderías
relacionada O xuíz ordena o ingreso en prisión sen fianza para Ignacio González

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE