Fayçal remata a súa etapa no Dépor, marcha ao Xetafe
Tras dúas tempadas, non entraba nos plans de Pepe Mel para esta campaña e probará sorte nun equipo que acaba de ascender.
Fayçal Fajr, durante un adestramento. Foto: RC Deportivo
O Dépor, o Xetafe CF e Fayçal Fajr chegaron a un acordo para que o xogador salga traspasado ao conxunto madrileño, recentemente ascendido, tal e como informa o club herculino na súa web.
O centrocampista franco-marroquí aterrou na Coruña no verán de 2015, procedente do Elxe Cf. Nas súas dúas campañas no Dépor, Fayçal disputou 66 encontros (62 en Primeira División e 4 en Copa), nos que anotou 5 goles, todos en Liga.
No seu comunicado, o Dépor "quere agradecerlle ao xogador a súa dedicación e profesionalidade nas dúas tempadas nas que defendeu a camiseta branquiazul e desexarlle moita sorte na súa nova etapa".
Ao parecer, o xogador e o club chegaron ao acordo de rescisión de contrato sen ningunha compensación económica. A pesar diso, o propio Dépor resérvase unha porcentaxe dunha futura venda do conxunto xetafense que roldaría o 50%, segundo apuntan distintos medios.
Escribe o teu comentario