Verónica Boquete: "Non estar convocada para a Eurocopa sorprendeume"
A selección feminina de fútbol comezou a disputar a Eurocopa (con vitoria por 2-0 ante Portugal), pero a xogadora galega quedou na casa.
Verónica Boquete non recibiu a chamada do seleccionador.
Verónica Boquete, a futbolista galega máis recoñecida, non entende que quedara fóra da selección que acaba de comezar a disputar a Eurocopa. Este mércores asinaron a súa primeira vitoria por 2-0 na súa estrea contra Portugal.
A xogadora galega recoñece nunha entrevista en El Correo Gallego que "non estar convocada sorprendeu" a ela e a moitos afeccionados que lle expresan o seu agarimo dicindo "Boquete selección".
Ademais, revela que o seleccionador non lle comentou persoalmente os motivos da súa decisión e que só o sabe pola prensa. Jorge Vilda manifestou que é por "razóns deportivas", pero á futbolista cústalle "crelo". Defende que "o que dependía de min, fíxeno".
Á ausencia nesta competición súmanse as derrotas nas últimas finais co PSG, que lle fan ter o ánimo "decaído".
Escribe o teu comentario