O PSOE comprométese coa comisión que piden as vítimas de Angrois
Este luns reuníronse no Congreso, pero a última palabra sobre o cambio de posición tena a cúpula do partido.
A asociación de vítimas, ante o Congreso.
A dirección do Grupo Socialista comprometeuse este luns coa Plataforma de vítimas do accidente do Alvia, que custou a vida a 81 persoas e deixou feridas a máis de 140 en Angrois hai case catro anos, a pedir a creación dunha comisión de investigación no Congreso sobre ese sinistro.
Así o explicou a Europa Press o presidente deste colectivo, Jesús Domínguez, tras a reunión que, xunto con outros representantes das vítimas, mantivo no Congreso coa portavoz do Grupo Socialista, Margarita Robles, e o secretario de Transparencia do partido e tamén deputado, Odón Elorza.
Durante o encontro, a cúpula do Grupo Socialista trasladou ás vítimas a súa intención de impulsar esa investigación coa que os afectados queren que se depuren responsabilidades políticas. Con todo, será a Comisión Executiva Federal do PSOE a que nas próximas semanas analizará o asunto e decidirá formalmente o cambio de posición do partido sobre esta cuestión.
Fontes socialistas precisaron a Europa Press que a idea é que a dirección do PSOE debata o asunto antes do próximo día 24 de xullo, cando se cumprirán catro anos do sinistro.
Escribe o teu comentario