Renfe programa 12 trens especiais para o festival de Ortigueira
Entre o vindeiro xoves e o domingo serán 1.600 prazas extra, polo que recomendan anticipar a compra.
Tren de Ancho Métrico.
Renfe programa, desde o xoves 13 ata o domingo 16 de xullo, 12 trens especiais de Ancho Métrico con motivo da 33º edición do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.
En total, ofértanse 1.600 prazas extra durante os tres días que dura o festival. A conexión pola Cornixa Cantábrica vai desde Cerdido, na comarca de Ortegal, ata Ortigueira, e en sentido inverso. Tamén se estende ao traxecto Ferrol-Ortigueira, e viceversa.
A hora de saída dos trens comeza ás 10:00 horas e finaliza ás 21:00 horas, con paradas en Xuvia, San Sadurniño, Cerdido e Ponte Mera, ademais das estacións de saída, Cerdido e Ferrol.
Renfe recomenda aos viaxeiros anticipar a compra e adquirir os billetes de ida e volta para evitar aglomeracións e esperas.
Escribe o teu comentario