O flautista máis ilustre do folk irlandés volve ao Festival de Ortigueira
Michael Goldbrick é unha das bandas confirmadas no lado internacional. Treixadura debutará en Ortigueira acompañada da agrupación Cantigas e Agarimos.
O Festival de Ortigueira contará na edición deste ano no seu cartel coa Michael McGoldrick Band por parte de grupos internacionais, e Treixadura con Cantigas e Agarimos, polo lado nacional.
Así, a organización do evento anuncia para o sábado 15 de xullo á Michael McGoldrick Band. E outra das bandas confirmadas para este ano é Treixadura, considerado un dos clásicos da música tradicional de Galicia, que non estivo nunca no Festival de Ortigueira.
Deste xeito, o flautista "máis ilustre do folk irlandés", segundo destaca a organización deste festival coruñés, volve a Ortigueira. "Michael Mcgoldrick asomarase coa súa banda ao Escenario Estrela Galicia", segundo concreta.
O grupo suma ao violinista Dezi Donelly, membros de Flook como Ed Boyd (guitarra) e John Joe Kelly (bodhran); e ao líder de Capercaillie, Donald Shaw (teclados).
En canto á representación galega anunciada, Treixadura "fai un debut ao grande, acompañado da agrupación Cantigas e Agarimos", segundo destaca a organización, que anticipa un espectáculo de música, baile e canción para a noite do domingo "que se antolla especialmente entrañable por dedicarse á canción tradicional galega e ao baile".
No ano 2015 Treixadura celebrou o seu 25 aniversario de traxectoria artística cun novo disco que resume a súa extensa carreira e inclúe algunhas pezas inéditas, 'Vendima Tarda', que deu nome á súa xira de concertos.
Escribe o teu comentario