Noriega, optimista ante o segundo plenario da "construción" de En Marea

O rexedor compostelán di que non quere "retroalimentar o ruído" ao redor da integración das "cores" da confluencia.


|

NoriegaMartiño Noriega afástase do "ruído".

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, espera que o segundo plenario de En Marea, que se celebrará o vindeiro sábado 15 de xullo na capital galega, sirva para "seguir dando pasos", "reflectir a realidade do espazo" e "afrontar os problemas da maioría social que se di representar".


Así se pronunciou o rexedor compostelán tras ser preguntado polo plenario que celebrará o partido instrumental, tras unha semana na que se produciron múltiples críticas á dirección de En Marea, encabezada por Luís Villares, despois de que esta propuxese na fin de semana ampliar a actual coordinadora, proposta que foi rexeitada polos críticos.


Para Noriega, En Marea é un espazo "en construción e complexo" que ten que "dimensionar todas as cores que representa", así como "atender os problema da xente": "É quen sustenta o espazo", subliñou, para logo apostilar que "calquera debate é lexítimo".


"De todas as maneiras, non teño moito interese en retroalimentar o ruído e vou tentar administrar os meus silencios por un principio de responsabilidade, que é o que levo aplicando ao longo destes anos", explicou.


Preguntado por unha das cuestións económicas que se debaterán no plenario de En Marea --que é que as persoas que entraron en política poidan cobrar ata o salario que cobraban na súa anterior profesión--, limitouse a dicir que, con respecto á súa posición de medicina, leva anos "perdendo". "Pero dito isto, non teño posición", indicou.

relacionada Os alcaldes de Santiago, A Coruña e Ferrol celebran dous anos de 'cambio político'
relacionada Desenterran o manifesto dos alcaldes a 10 días do novo conclave
relacionada Villares defende que o seu "chamamento" á integración "non ten caducidade"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE