280 familias galegas acollen en vacacións a 326 nenos saharauís
Outro ano máis, o programa 'Vacacións en paz' inclúe, ademais, a asistencia sanitaria para os menores.
Menores saharauís, á súa chegada o ano pasado.
Un total de 326 nenos saharauís chegan a Galicia este xoves para iniciar así as súas 'Vacacións en paz' ata o próximo 7 de setembro. Este proxecto, levado a cabo pola Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (Sogaps), pon a disposición dos menores, máis de 200 familias de toda a Comunidade galega.
En declaracións a Europa Press, a presidenta de Sogaps, Maite Isla, explicou que son un total de 280 as familias que pasarán o verán con "un ou varios nenos" do país africano. "Algunhas familias non só acollen un neno, senón irmáns que veñen xuntos", indicou.
En canto ao número de mozos participantes neste proxecto, Galicia "mantense" na cociente de nenos recibidos e acolle este ano a cinco máis que no pasado 2016. Ademais, 200 das case 300 familias pasarán o verán cun neno saharauí por primeira vez este ano.
SERVIZOS SANITARIOS
Os pequenos poderán acceder aos servizos de Atención Primaria, que inclúe a asistencia en centros de saúde, a realización de probas diagnósticas, as vacinas e exames de saúde; así como medidas de prevención, promoción e rehabilitación.
Pola súa banda, a Atención Especializada fai referencia a asistencia en consultas, que pode abarcar procedementos cirúrxicos. Ademais, asistencia en hospitais, con atención obstétrica e pediátrica; e tratamento de diagnósticos.
En canto á prestación farmacéutica, a colaboración establecida inclúe a dispensación de fármacos que se poidan necesitar en caso de ingreso no hospital, así como a que sexa prescrita fóra del.
Escribe o teu comentario