Un motorista perde a vida en Cambre tras ser arroiado por un coche

|


Estadodelamoto
Foto de arquivo // EP


Un motorista perdeu a vida este domingo pola mañá nun accidente de tráfico ocorrido en Cambre (A Coruña). Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia por un particular ao fío das 7:00 horas un coche arroiou á moto e, posteriormente, impactou contra outro turismo.


Ademais, a consecuencia do sinistro, unha persoa foi trasladada con prognóstico leve ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac), segundo informou o 112 Galicia. Os feitos tiveron lugar no cruzamento de Sigrás, na N-550 coa AC-400.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.