Investigadores de Vigo e Santiago descobren unha gran mostra pescado de hai 1.700 anos

Ademais do sorprendente achado en Adro Vello, atoparon restos de sete persoas, tres menores dun ano e un bebé recentemente nado. 


|

Adrovello2


Investigadores da Universidade de Vigo realizaron, no xacemento da factoría romana de salgadura de Adro Vello (no municipio pontevedrés do Grove) un achado sorprendente: mostras de peixe de 1.700 anos de antigüidade, e restos de 7 persoas, tres delas menores dun ano e un bebé recentemente nado.


O director técnico do estudo, o investigador Adolfo Fernández, do Grupo de Estudos en Arqueoloxía, Antigüedad e Territorio (GEAAT) da Universidade de Vigo, presentou este venres en rolda de prensa os resultados da intervención, realizada ao amparo do proxecto de I+D Marie Curie Talent do Campus do Mar, financiado con fondos europeos.


Adrovello


Segundo explicou, o obxectivo do equipo era rexistrar a factoría romana de salgadura mellor conservada de Galicia, e que foi abandonada sobre o 300 d.c. Para iso, os investigadores tiveron que limpar o xacemento, cuberto de maleza, e baleirar os recheos realizados tras a última escavación, que tivo lugar hai xa 27 anos.


A primeira sorpresa chegou ao empezar a escavación posto que, aínda que se prevía a aparición de tumbas, os arqueólogos lograron identificar os esqueletos de polo menos 7 persoas, inhumadas en diferentes períodos, entre o século V ó VI e o século XVII.


RESTOS HUMANOS


A antropóloga da USC, Olalla López, explicou que a importancia do achado reside en que "a conservación é moi boa", non había construcións encima, "cobre moitísimo tempo", e "queda moito por escavar". "É unha necrópole moi importante, e dános a posibilidade de coñecer como era a xente que vivía alí, que dieta tiña, que enfermidades, etc", subliñou.


Así, nesta intervención identificáronse 7 esqueletos: un deles pertence a un bebé recentemente nado, outros dous son de nenos de menos dun ano de idade, un cuarto pertence a outro neno duns 10 anos, e os tres restantes son de adultos.


PESCADO DE HAI 1.700 ANOS


Adrovello3

Por baixo do nivel da necrópole, os arqueólogos escavaron un dos pilos da factoría romana de salgadura, e conseguiron extraer numerosas mostras de peixe (peixes pequenos triturados, restos de espiñas, escamas, etc.), o que constitúe un achado de gran valor, posto que non existen precedentes destas características.


"Isto permitirá coñecer a industria da salgadura, o tipo de pesca que se practicaba, a propia evolución dos peixes", subliñou Adolfo Fernández, quen confirmou que o seu equipo recibiu xa varias peticións doutros investigadores para analizar esas mostras.


Ademais dos restos de peixe, tamén se extraeron restos de moluscos (sobre todo ostras), unha mostra de morteiro do pilo, mostras de Carbono 14 e e columnas para estudos edafolóxicos e paleoambientales. Nas análises dos achados participarán investigadores da Escola de Enxeñería de Minas e da Enerxía.


En definitiva, segundo recoñeceron os responsables científicos, a intervención arqueolóxica en Adro Vello supuxo unha caixa de "sorpresas" xa que, o que empezou como o rexistro dunha fábrica romana de salgadura, acabou coa aparición de restos de peixe de 1.700 anos de antigüidade e a confirmación da existencia dunha importante necrópole. "Este material vai dar resultados de investigación durante moitos anos", recalcou Olalla López.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE