Feijóo volve pasear o seu 'faladoiro' pola xeografía galega

|

Feijoobancofaladoiroprecampaa


O presidente do PPdeG, Alberto Nuñez Feijóo, retomará a tarde deste venres a xira de verán que o levará por boa parte da xeografía galega. As primeiras citas da axenda terán lugar nos municipios ourensáns de Toén, Cartelle e Arnoia.


O líder dos populares xa percorrera a comunidade o pasado período estival para facerse eco das impresións dos galegos. "Queremos seguir demostrando que o presidente é accesible e sensible ás demandas dos seus veciños", apuntou o coordinador de Organización do PPdeG, Alberto Pazos, quen tamén sinalou que "os encontros coa cidadanía eran unha iniciativa que transcendía os obxectivos electorais".


Pazos insistiu en que querían "repetir o espírito dos 'Faladoiros' e que os veciños poidan falar co seu presidente con total liberdade". 'Faladoiros' é o nome co que se coñecen estas reunións coa cidadanía que xa se celebraron semanas previas ao comezo da campaña electoral do ano pasado.


O partido asegura recibir información moi valiosa achega do funcionamento dos servizos públicos e ideas para a mellora das súas políticas grazas a estes encontros. O PPdeG afirma ademais ser quen "mais se parece a Galicia" e reprocha a outras formacións estar encerradas nas súas sedes "pelexándose polas súas crises internas" no canto de saír á rúa.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress