Tres feridos nunha colisión frontal en Pol
O suceso ocorreu sobre as 19:30 deste mércores en Arco de Frades.
Unha colisión frontal entre dous turismos que circulaban por Arcos de Frades, á altura do Concello de Pol (Lugo), saldouse a última hora deste mércores con tres persoas feridas.
Segundo a información da Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 19,30 horas. Ata a zona foron mobilizados efectivos da Garda Civil de Tráfico, Protección Civil e mantemento de estradas.
Dous dos feridos foron trasladados polo 061 en ambulancia a un centro hospitalario de referencia, mentres que o terceiro foi trasladado por un familiar.
Escribe o teu comentario