A DXT fai un 'xaque mate' aos avisos de controis na estrada por WhatsApp

Este verán implementará máis controis dinámicos para que estes grupos non beneficien a condutores de risco.


|

Controlalcoholemia


A popularización dos grupos de WhatsApp nos que os usuarios avisan da presenza controis de velocidade, alcol e drogas na estrada preocupa á DXT. Estes avisos benefician sobre todo a condutores de risco, que son o perfil de automobilistas que segundo a Garda Civil seguen estas alertas.


A astucia tecnolóxica dos condutores obrigou á DXT a implementar medidas para avantaxar o seu branco na estrada. Unha delas é o incremento dos denominados controis dinámicos, nos cales a patrulla está en movemento, en lugares pouco comúns e dá o alto a condutores de forma aleatoria para realizar diversos controis.


A respecto do perfil concreto de condutores que seguen estas alertas, a Garda Civil indica que son xeralmente mozos de entre 20 e 30 anos que conducen tras consumir alcol e drogas e que utilizan o móbil para recibir informacións que lles permiten asumir o risco de conducir baixo os efectos das ditas substancias. 

relacionada Intensifican os controis de alcol e drogas ao volante

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE