Evacuado en helicóptero un veciño de Carballeda de Avia ao que o picou unha avispa

Esta persoa é alérxica á picadura deste insecto, polo que tiveron que ser mobilizados medios aéreos. 


|

Helicpterosalvamentorescatehoriz


Un veciño do municipio ourensán de Carballeda de Avia foi evacuado en helicóptero tras sufrir unha picadura dunha avispa, segundo informou o CIAE 112 Galicia.


Esta persoa é alérxica á picadura deste insecto, polo que tivo que ser mobilizado o helicóptero medicalizado con base en Ourense.


O suceso tivo lugar ao redor das 11,00 horas deste sábado no campo de fútbol de Abelenda das Penas. Desde o 112 tamén se informou a Protección Civil e a Garda Civil.

relacionada Queda inconsciente ao volante tras recibir numerosas picaduras de avispa

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE