Aberto o prazo de matrícula para o primeiro FP dual da auga en Galicia

Os interesados poden dirixirse ao CIFP Politécnico de Santiago ata o próximo día 30 de xuño para optar a unha das 15 prazas. 


|

ViaquaEDARpontevedra


Desde este xoves día 22 e ata o próximo día 30 permanecerá aberto o prazo de matriculación para os interesados en cursar o primeiro ciclo de FP dual da auga en Galicia - 'Redes e Estacións de Tratamento de Augas' - que se impartirá no CIFP Politécnico de Santiago.


Os alumnos interesados en cursar este novo ciclo de FP dual da auga xa poden realizar a matrícula no centro, dirixíndose á secretaría do mesmo. Tamén dispoñen de toda a información ao respecto na páxina web: http://www.politecnicodesantiago.es


Unha vez finalizado o período de matriculación, na primeira semana de xullo realizarase o proceso selectivo dos quince alumnos que accederán ao curso. Selección que se determinará en base ao currículo dos aspirantes e á avaliación que realizará o departamento de Recursos Humanos de Viaqua xunto con responsables do Politécnico, a través dunha entrevista persoal a cada un dos interesados en data aínda por determinar e que lles será comunicada oportunamente.


TRABALLAR NO SECTOR DA AUGA


A primeiro FP dual da auga é un ciclo de nova implantación en Galicia que vai formar a quince alumnos como técnicos especialistas no ciclo integral da auga. Unha oportunidade nova de formación profesional que, grazas á colaboración entre a Consellería de Educación e a iniciativa privada de Viaqua, amplía a posibilidade de acceso dos mozos ao mercado laboral, neste caso no sector da auga.


A formación curricular deste novo título de formación profesional contará cunha formación complementaria e outra na empresa que se desenvolverá en instalacións que xestiona Viaqua. Deste xeito os alumnos terán tamén un coñecemento dos centros de traballo, do día a día.


Este ciclo de grao medio comezará o próximo mes de setembro e desenvolverase durante dous anos, os cursos 2017-18 e 2018-19. Ao longo do primeiro trimestre de cada curso os alumnos asistirán a clases, en tanto que nos segundos e terceiros trimestres desenvolverán actividades prácticas na propia empresa.

relacionada A FP dual, aposta "estratéxica" da Xunta para o curso 2017-2018
relacionada Educación e Viaqua poñen en marcha o primeiro FP dual de tratamento de augas en Galicia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE