Ascenden a 100 as hectáreas calcinadas no incendio de Melón
O lume iniciouse sobre as 23,00 horas deste domingo na parroquia de Quins.
// @briflaza
A Consellería do Medio Rural informou dun incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Melón e que, segundo as estimacións feitas públicas a través de Twitter, afecta xa a unhas 100 hectáreas.
Así se atopa o #IFQuinsMelón á chegada #Brif Laza. Moito fume!! pic.twitter.com/FZItf9xgTZ
— Diario dun Bombeiro (@BrifLaza) 19 de xuño de 2017
Segundo a información facilitada por ese departamento autonómico, o lume iniciouse sobre as 23,00 horas deste domingo na parroquia de Quins, no municipio de Melón.
Para os labores de control foron mobilizados tres axentes, seis brigadas, dúas motobombas e unha pa, segundo indicou Medio Rural.
Escribe o teu comentario