Rodríguez cre que o selectivo en xullo evitaría a entrada de alumnos a metade de curso

Os centros de Secundaria "deberán facer axustes na recuperación de 2º de Bacharelato", que haberá de ser entre maio e xuño.


|

Romanrodriguezxunta


O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, defendeu a conveniencia de adiantar a proba de selectividade de setembro a xullo para que as universidades poidan facer "unha planificación máis realista" e evitar que se incorporen alumnos "a metade de curso".


Román Rodríguez explicou que o posible adianto desta proba para mediados de xullo, no curso 2018-2019, responde a unha "reivindicación das Universidades" co obxectivo de que "pase o menor tempo posible" entre a realización deste exame e a incorporación dos novos alumnos ás aulas universitarias.


O conselleiro certificou que co actual sistema producíanse casos de alumnos que "non se incorporaban ás aulas ata o mes de novembro".


Tamén explicou que, para que esta medida se faga efectiva, os centros de Secundaria "deberán facer axustes na recuperación de segundo de Bacharelato", que deberán realizarse en "unha data intermedia" entre maio e xuño.


Rodríguez considerou que o "estreitamento da marxe" para realizar a proba beneficiará tanto aos alumnos como ás universidades, porque "lles permitirá saber en setembro en que grao poden inscribirse", e o primeiro caso, e porque "poderán facer unha planificación máis realista do curso", no segundo.

relacionada Educación propón ás universidades adiantar a 'selectividade' a xullo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE