O Parlamento alerta de que case un 24% dos pacientes do Sergas sofren desnutrición

Todos os grupos parlamentarios sumaron os seus votos para pedir un protocolo de seguimento nutricional na sanidade pública. 


|

Camaspasillohospital


Todos os grupos con representación no Parlamento sumaron este xoves os seus votos para pedir á Xunta que se controle o estado nutricional dos pacientes atendidos na sanidade pública.


A proposta partiu do PSdeG, cuxo portavoz sanitario, Julio Torrado, puxo de manifesto en comisión parlamentaria que un 23,7 por cento dos pacientes padecen episodios de desnutrición durante a súa estancia no hospital.


Así pois, o texto aprobado pide un protocolo de seguimento nutricional para os pacientes, plans individualizados para aqueles que estean diagnosticados en risco e un programa de formación para os profesionais sanitarios.


Tamén inclúe a aprobación dun control específico da calidade da alimentación recibida polos pacientes nos hospitais, así como un seguimento da inxesta de alimentos.


PETICIÓN A ABEL CABALLERO


Por outra banda, na mesma comisión, o PP sacou adiante en solitario unha petición para que a Xunta inste o Concello de Vigo a "solucionar de forma inmediata" os "atrasos" na tramitación dos recursos de servizos sociais municipais.


Esta proposición non de lei contou co voto en contra dos socialistas e a abstención de En Marea e BNG.

relacionada O Sergas crea un videoxogo para mellorar a empatía en pacientes mentais
relacionada O Sergas desmantela un centro de saúde de Forcarei por aforrar 50.000 euros

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE