Un ránking sitúa o aeroporto de Santiago entre os mellores de España
A Coruña, pola contra, atópase entre os últimos postos, xunto con Sevilla San Pablo e Tenerife Norte.
Os aeroportos de Santiago de Compostela, Xirona-Costa Brava e Alacante son considerados os mellores aeroportos de España, segundo un ránking elaborado pola Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) que sitúa aos de A Coruña, Sevilla San Pablo e Tenerife Norte nos postos finais da vintena dos analizados en España, aínda que considera que teñen unha calidade aceptable.
O estudo elaborado entre máis de 175 aeroportos do mundo determina que o aeroporto de Singapura Changi en Singapura, o de Narita en Tokio (Xapón), o de Porto en Portugal e o de Anveres en Bélxica son en global os mellores aeroportos do mundo.
No ránking español, despois dos aeroportos de Santiago, Xirona e Alacante atópanse outros como Palma de Mallorca, Barcelona-El Prat ou Adolfo Suárez Madrid-Barajas que contan cunha cualificación de aceptable.
A OCU realizou unha enquisa entre máis de 11.000 viaxeiros de 8 países diferentes que valoraron elementos como pantallas de información, seguridade, sinalización, aseos, accesibilidade, tempo de paso de controis, asentos e comodidade en zonas comúns, entre outros elementos.
A clasificación dividiuse segundo o tamaño dos aeroportos: grandes, (aeroportos con moito tráfico, máis de 15 millóns de pasaxeiros anuais), medianos (entre 3 e 15 millóns de pasaxeiros) e pequenos (aeroportos de ámbito máis local, con menos de 3 millóns de viaxeiros).
Tendo en conta estas variables, os aeroportos de gran tamaño mellor valorados do mundo son os orientais: Singapura, Tokio e Doha, por esa orde.
Dos españois, aínda que ningún está no Top 10 dos grandes, Palma de Mallorca, Barcelona-El Prat e Madrid-Barajas ocupan os postos 22, 23 e 25 do ranking, por encima doutros de gran tamaño como Lisboa, Gatwick ou Heathrow en Londres, Fiumicino en Roma, Charles de Gaulle en París ou mesmo o JFK de Nova York.
ALACANTE NO TOP DOS MEDIANOS.
Segundo o estudo de OCU, os mellores aeroportos de tamaño mediano están en Europa: O Porto, Riga (Letonia) e Billund (Dinamarca).
Dos españois, Alacante, un dos aeroportos con máis tráfico no noso país, coouse entre os mellores do mundo (10 do ránking). Tenerife Sur (Raíña Sofía), Bilbao, Menorca, Valencia e Málaga están tamén entre os 20 mellores desa categoría.
Dos aeroportos pequenos, os mellor valorados volven ser os europeos. Anveres e Luxemburgo ocupan os primeiros postos, seguidos do de Santiago de Compostela e o de Xirona, ambos moi ben puntuados en case todas as variables do estudo e considerados como os mellores de España nese mesma orde.
Os aeroportos de A Coruña, Sevilla San Pablo e Tenerife Norte (Os rodeos), son os españois que menos puntuación conseguiron, aínda que se considera que os tres teñen unha calidade aceptable.
Segundo os enquisados españois, o aeroporto nacional que máis visitaron é o de Madrid, seguido de Barcelona, Bilbao, Tenerife, Palma de Mallorca, Valencia, Sevilla, Santiago de Compostela, Alacante e Gran Canaria.
Escribe o teu comentario