O lisboeta Gonçalo Guerreiro actuará este sábado en Ourense no Día de Portugal
Presentará o seu último traballo, 'Ar', nun acto organizado polo Vice-Consulado de Portugal en Vigo e Ourense.

O lisboeta Gonçalo Guerreiro actuará este sábado, 10 de xuño, en Ourense (21,00 horas, Praza Maior) con motivo do Día de Portugal no que presentará o seu último traballo, 'Ar'.
Este ano a cidade das Burgas foi a elixida para homenaxear a Camoes e a comunidades portuguesas, nun acto organizado polo Vice-Consulado de Portugal en Vigo e Ourense.
Na súa actuación Guerreiro (guitarra e voz) estará acompañado por Antonio Romero (contrabaixo), Rosalía Vázquez (violoncelo) e Richi Casás (saxos e trompeta), nun concerto no que mesturará rock, fado, pop e jazz.
Paco Souto, gañador póstumo do certame 'Ari[t]mar Galicia e Portugal'
Escribe o teu comentario