Gas Natural e Uvigo reeditan a súa alianza para fortalecer a Cátedra Fenosa

|

Gasnaturaluvigo


A Universidade de Vigo e Gas Natural Fenosa asinaron este mércores un convenio de colaboración, cunha duración dun ano e unha achega económica de 60.000 euros, para renovar a súa "alianza estratéxica" e "revitalizar" a Cátedra Fenosa.


O acordo, subscrito polo reitor, Salustiano Mato, e polo delegado xeral de Gas Natural Fenosa en Galicia, Manuel Fernández, permitirá a promoción de actividades de formación, investigación e innovación en materia de economía do medioambiente e de desenvolvemento sustentable, segundo explicou o propio reitor.


Mato destacou a estreita colaboración dentro da cátedra con grupos de investigación, como o que coordina Xavier Labandeira no campo da economía, e o que coordina Antonio Añel, no ámbito do medio ambiente e ciencias experimentais.


Pola súa banda, Manuel Fernández explicou que a renovación deste convenio "forma parte da estratexia 'Compromiso por Galicia' de Gas Natural Fenosa que, máis aló dos negocios, busca facer achegas á sociedade galega en temas como a cultura, formación, arte, medioambiente e "todo o relacionado coa innovación".


A Cátedra Fenosa naceu en 2011 e, desde entón, a cooperación entre a compañía e a Universidade de Vigo deu numerosos froitos. Así, Gas Natural Fenosa traballou no centro tecnolóxico EnergyLab, tamén colabora co Centro Internacional de Excelencia Hidráulica en Citexvi, e en actividades do Master en Xestión do Desenvolvemento Sustentable.

relacionada Gas Natural Fenosa pechará a central térmica de Anllares
relacionada O proxecto Cinergía, premiado no Festival Iberoamericano da comunicación publicitaria

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress