As vacinas para os adultos terán un calendario propio

|

Vacunagripe


O Partido Popular pediu no Parlamento de Galicia instar á Xunta a elaborar e aprobar un calendario de vacinas para o adulto, que contribúa ao coñecemento das súas indicacións e beneficios tanto para os profesionais como para a cidadanía.


A proposición non de lei, que previsiblemente sairá adiante na votación do mércores, tendo en conta que os populares supoñen a maioría da Cámara, foi defendida pola deputada Marta Rodríguez-Vispo, quen destacou que aínda que "se coñecen ben as vacinas para os nenos, non ocorre o mesmo coas dos adultos".


Neste sentido, lembrou que "hai só 100 anos as enfermidades infecciosas eran a primeira causa de morte en todo o mundo", polo que as vacinas foron "un dos grandes logros da saúde pública". Ademais, explicou que con esta medida, o PPdeG cumpre un dos tres compromisos en materia de vacinación cos que se presentou ás eleccións.


POSTURA DA OPOSICIÓN


Tras a intervención de Marta Rodríguez-Vispo, a deputada do BNG Montse Prado valorou a iniciativa presentada polos populares, aínda que a cualificou de "moi xenérica". Por iso, presentou unha emenda na que pedía que este calendario fose "universal", para garantir que non haxa "desabastecementos" e evitar que "sexan as farmacéuticas" as que o marquen.


Por considerala "moi imprecisa" tamén presentou outra emenda o Grupo Parlamentario Socialista, cuxo deputado Julio Torrado pediu que esta proposición non de lei inclúa "unha data, estime un custo económico" e traslade unha copia do documento que se elabore aos grupos da Cámara para facilitar o seu seguimento. A deputada popular adiantou que aceptará esta proposta e fixarán tanto unha data como unha estimación económica.


Pola súa banda, a deputada de En Marea Eva Solla criticou que os populares traian ao Parlamento unha medida xa posta en marcha pola Consellería de Sanidade, que en marzo "falou de impulsar un calendario de vacinas" nos adultos. "A utilidade deste debate é darlle publicidade á medida", sinalou.

relacionada Sanidade propón incentivos para que os profesionais sanitarios se vacinen máis
relacionada Preocupa o aumento dos brotes de sarampelo en nenos e mozos non vacinados
relacionada A vacina contra a meninxite B xa volve estar dispoñible en farmacias

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress