David Vidal non seguirá no Lorca a pesar de ascendelo a Segunda
O club mucriano anunciou esta mañá que non renovará o adestrador, que se enterou polos medios de comunicación e que non está conforme.
O Lorca anunciou esta mañá en comunicado oficial que David Vidal non seguirá como adestrador a próxima tempada. O club murciano asegura que o galego acababa contrato este xuño e que non renovará, a pesar de conseguir o ascenso a Segunda División.
David Vidal chegou ao Lorca en abril para reenganchar o equipo tras unha mala xeira e terminou conseguindo o ascenso.
O adestrador galego declarou estar sorprendido polo anuncio. "A min non me dixeron nada. Demos vacacións, chegamos de León esta mañá, almorzamos e cada un foi para a súa casa. Estiven no estadio falando cun directivo do club, o señor Cazorla, e non me dixo nada", relatou en Deportes COPE Galicia, recalcando que estivo con eles este mesmo luns "ás dez da mañá" antes de partir cara a Cádiz.
Escribe o teu comentario